Thursday 02 de May de 2024

O Club Ciclista Cambre Caeiro lográ varias medallas no Campionato Galego de Contra O Reloxo individual


Diego Somoza Moure logra o ouro na categoría sub 23

O Campionato Galego CRI 2015 Contrarreloxo Individual celebrado en Ourense, no hipódromo deSandiás deixou varias medallas para o Club Ciclista Cambre Caeiro. En total, 220 fueorn os ciclistas que participaron no campionato galego CRI que disputado este domingo pasado. Trátase dun novo éxito deportivo do club cambrés que con estas medallas segue sendo unha das grandes referencias do ciclismo galego. Neste sentido, cabe destacar a vitoria de Diego Somoza Moure na categoría sub-23, cun tempo de 24:08 nunha distancia de 16,100km. Así mesmo, Justo Rodríguez González logrou o sexto posto na categoría elite, José Carlos Amil Fernández o terceiro posto en júnior e Pablo Álvarez Ramos o noveno en cadete.
En categoría feminina, as ciclistas cambresas tamén ofreceron un grande espectáculo e leváronse varias medallas, entre elas, o bronce na categoría elite para Lorena Sanín Sánchez, e a prata para Andrea Tomé Vacas na categoría cadete.